Servizo Madugadores

Servizo Madugadores

Se abre o prazo de inscrición no servizo de conciliación municipal “Madrugadoras/Madrugadorespara o vindeiro curso escolar 2023/2024 do día 1 de agosto ata o 25 do mesmo mes. O programa é unha das medidas de conciliación que o Concello de Pontedeume pon ao servizo das familias eumesas do alumnado dos centros escolares públicos de infantil e primaria C.E.I.P. Couceiro Freijomil e C.E.I.P. de Andrade, respondendo así aos seguintes obxectivos xerais:

  • Facilitar ás familias das nenas e nenos de ambos centros escolares a posibilidade de conciliar a súa vida persoal, familiar e laboral, no horario previo ao comenzo da súa xornada laboral.

  • Proporcionar o almorzo ao alumnado, tendo en conta as súas necesidades alimentarias e favorecendo a consolidación de normas, hábitos saudábeis e de hixiene, e unha dieta variada e equilibrada.

O servizo de conciliación municipal Madrugadoras/Madrugadores é a resposta á necesidade de conciliar a vida persoal, familiar e laboral de moitas familias eumesas. Consistirá nun espazo saudable e lúdico á vez, no propio centro escolar para que as nenas e nenos almorcen. A documentación pode recollerse no departamento de servizos sociais ou na Casa do Concello unha vez cumprimentada entregarase no Rexistro Xeral do Concello ou mediante sede electrónica.

Para máis información departamento de servizos sociais municipais 981 433 288 ou no correo: servizos.sociais@pontedeume.gal