Este domingo 8 de maio celebrase a romaría de San Miguel de Breamo.
Unha xornada de festa e tradición que retómase despois de dous anos de suspensión por mor das restricións provocadas pola crise sanitaria da covid-19 e que desexamos sexa un día de desfrute para toda a familia.
Grazas á organización da Comisión de Festas das Peras poderemos desfrutar do grupo de gaiteiros e do Dúo Estrella. Así mesmo recordamos que o horario da misa é ás 13:15 horas.
Con motivo desta celebración pregamos se sigan as seguintes indicacións para o seu correcto desenvolvemento:
– O acceso á romaría realizarase de maneira que poidan circular dous vehículos, subindo e baixando simultáneamente e garantindo o acceso de vehículos de emerxencia en caso de necesidade.
– Está habilitado un espazo de estacionamento na beira esquerda ao final da estrada en sentido de subida. Recórdase estacionar neste espazo sempre co fronte do vehículo cara á saída para evitar maniobras complicadas.
– Ao longo da estrada de acceso permítese soamente o estacionamento na marxe dereita da estrada en sentido de baixada.
– Non está permitido o estacionamento na zona final da estrada. Esta zona está reservada para o acceso de vehículos de emerxencia, zona de xiro e necesidades organizativas. Pode accederse a esta zona, exclusivamente para deixar ou recoller persoas ou material sen que a persoa conductora abandoe o vehículo.
– Para o correcto desenvolvemento da festa contarase cunha ambulancia asistencial, o apoio de Policía Local e equipos de vixilancia e seguridade. Recomendamos seguir todas as súas indicacións e recomendacións.
– Con el obxectivo de desconxestionar o tráfico de automóbiles haberá servizo de microbuses, con saída desde a marquesiña de buses de Pontedeume ata a ermida en horario 11:30, 12:00, 14:00 e 17:00 horas e servizo de volta ata a vila quince minutos máis tarde.
– Pregamos facer uso do colectores de lixo e manter o monte limpo.
Agradecemos todo o traballo e esforzo realizado pola Comisión de Festas de As Peras na organización desta actividade da que todas e todos desfrutaremos.