Publicación das Bases do Concurso e apertura do prazo de inscricións “PONTED’PINCHOS 2023”

Publicación das Bases do Concurso e apertura do prazo de inscricións “PONTED’PINCHOS 2023”

O Concello de Pontedeume e UCOA (Unión de Comerciantes e Autónomos Eumeses) publican as bases do concurso “Ponted’Pinchos 2023”, que consiste nunha ruta de pinchos polos establecementos participantes.
O concurso celebrarase os días 12, 13 e 14 de maio.

Poderán participar todos os establecementos hostaleiros como bares, cafeterías, restaurantes ou mesóns do ámbito municipal de Pontedeume.

O prazo de inscrición estará aberto desde o 6 de abril ata o 13 de abril, ambos os dous incluídos.

A inscrición presentarase na seguinte dirección de correo:pontepinchospontedeume@gmail.com antes das 14:00 h. do día 13 de abril.

Un xurado profesional premiará os tres mellores pinchos, baseándose na súa presentación, sabor, servizo, orixinalidade e emprego de ingredientes locais ou de proximidade.

O xurado popular tamén entregará o premio ao mellor pincho, en función da valoración do público.
Para poder votar cómpre selar as visitas en 7 establecementos.

Ademais, a cidadanía que sele polo menos esas 7 visitas poderá participar no sorteo dunha tablet.