Punto Limpo

Punto Limpo

O Punto Limpo de Pontedeume, situado no Polígono de Vidrieiro (Campolongo) foi inaugurado no ano 2002.
Constitúe unha aposta pola reciclaxe e preservación do medio ambiente por parte do Concello de Pontedeume, labor recoñecida e premiada mesmo pola Unión Europea.
Trátase dunha instalación onde se reciben, previamente seleccionados pola cidadanía, determinados residuos urbanos coa finalidade de reciclar e evitar a vertedura incontrolada.

O seu servizo coordina as actividades de recollida, xestión, recuperación e reciclaxe de residuos producidos no ámbito domiciliario a excepción do lixo doméstico.

  • Voluminosos (mobles, colchóns, somieres, marcos, portas, etc..)
    Máximo dun moble de gran volumen por entrega e día ou un total de dúas unidades por persoa e día. Máximo: 40 kgs.
  • Aparatos eléctricos e electrónicos (electrodomésticos, equipos informáticos, impresoras, televisores, etc..)
    Máximo de tres unidades no caso de pequenos electrodomésticos e unha unidade en caso de grandes electrodomésticos por persoa e día.
  • Entullos de reformas domiciliarias particulares. En ningún caso se admitirán os procedentes dunha actividade empresarial.
    Máximo de dous sacos por entrega e día, 25 kgs.
  • Envases de vidro, baterías, pilas, aceites, papel e cartón, envases lixeiros e fluorescentes.
  • Non se admiten residuos procedentes dunha ctividade comercial ou industrial ou pneumáticos de vehículos pesados.

Horario:
De luns a venres de 09:00 a 14:00 horas.
Horario de tarde: Primeiro martes de mes, mércores e xoves de 16:30 a 20 horas.
Sábado: 11 a 13 horas.