Oficina de Turismo – Torreón dos Andrade

Torreon

A Oficina de Turismo está situada no “Torreón dos Andrade”, exemplo de arquitectura defensiva do século XIV.
Constitúe un lugar privilexiado de Pontedeume desde onde informarse e comezar o coñecemento da nosa vila de orixe medieval e do seu rico patrimonio histórico, artístico e cultural, así como dos seus arredores.
Nas plantas superiores do Torreón está situado o Centro de Interpretación dos Andrade, no que aprender sobre esta liñaxe e a vila de Pontedeume na Idade Media.
O visitante é benvido en calquera época, dado que abre todo o ano (agás os días 25 de decembro e 1 de xaneiro).

Horario

De luns a domingo: 11:30-14:00h e 16:30-19:30h