A Escola Infantil Municipal “Chalé Rosa” está situada na avda. Ricardo Sánchez, nunha das entradas ao Paseo Marítimo.
Desde a súa creación no ano 2003 o Concello de Pontedeume pretende fomentar a conciliación da vida familiar e laboral.
Desde a súa ampliación realizada en setembro de 2021 conta con 4 unidades (0-1 ano, 1-2 anos e 2-3 anos) cunha oferta total de 61 prazas en quendas de mañá, tarde ou completa,
ademáis de dispoñer de servizo de comedor e organizar actividades extraescolares.
O seu proxecto de conciliación, promovido desde a Concellería de Servizos Sociais, ten como finalidade a promoción do desenvolvemento integral dos/as menores así como ensinar valores como o respecto, a tolerancia ou a integración.
Horario:
Aberta todo o ano (agás festivos), de luns a venres, de 8:00 a 20:00 horas.