Programa Rede Paraugas

Programa Rede Paraugas

Pontedeume ofrece grupos de axuda mutua para familias coidadoras de persoas con demencia neurodexenerativa

O Concello de Pontedeume informa do Programa “Rede Paraugas”, que consiste en grupos de axuda mutua que se realizarán na vila.

A iniciativa diríxese a familias coidadoras de persoas con demencia neurodexenerativa. As sesións serán gratuítas e ofrecerase unha xornada mensual ata o mes de marzo.

As citas serán os días 13 de outubro, 10 de novembro, 15 de decembro, 12 de xaneiro, 9 de febreiro e 9 de marzo de 16.30 a 18.30 no Salón de Actos da Casa da Cultura.

Cómpre realizar a inscrición previa no departamento de Servizos Sociais: teléfono 981433288 ou no e-mail servizos.sociais@pontedeume.gal