O Programa de talleres culturais 2023/2024 é un programa de animación e dinamización social e, como tal, ten como obxectivo xeral: fomentar a participación e integración social da poboación, a través de distintas actividades.
A través da Concellería de Servizos Sociais, esta nova edición pon en marcha unha serie de actividades dirixidas á comunidade en xeral e outras, que están encadradas dentro do programa de envellecemento activo e prevención da dependencia e van dirixidas ao colectivo de persoas maiores de 60 anos, concretamente: ioga, en quenda de mañá; memoria e informática.
Actividades que se desenvolverán en distintos espazos municipais tanto no caso urbano como nas parroquias co obxectivo de favorecer a participación das e dos maiores.
O prazo de inscrición para todas elas será do 2 ó 16 de outubro.
Todas as persoas interesadas en participar o informarse poden facelo no Departamento de Servizos Sociais municipal ou por vía telemática na sede electrónica do Concello.