PROGRAMA DE CONCILIACIÓN MUNICIPAL “MADRUGADORAS/MADRUGADORES” 2024/2025

PROGRAMA DE CONCILIACIÓN MUNICIPAL “MADRUGADORAS/MADRUGADORES”  2024/2025

Ábrese o prazo de inscrición do servizo “Madrugadores” para o vindeiro curso escolar 2024/2025 , do día 16 ao 30 de agosto.

Esta medida de conciliación promovida por esta administración local no CEIP Couceiro Freixomil e no CEIP de Andrade vai dirixida ao alumnado destes centros e será realizado diariamente dende o mes de setembro de 2024 ata o mes de xuño de 2025, coincidindo co calendario escolar.
Este servizo é a resposta á necesidade de conciliar a vida persoal, familiar e laboral de moitas familias eumesas. Consistirá nun espazo saudable e lúdico á vez, nos propios centros escolares para que as nenas e nenos almorcen . Inscricións e información no departamento de servizos sociais municipais.