Programa “Coidados porta a porta” con revisións cognitivas, auditivas e de podoloxía para as persoas maiores.

Programa “Coidados porta a porta” con revisións cognitivas, auditivas e de podoloxía para as persoas maiores.

O Concello de Pontedeume informa do programa “Coidados Porta a Porta”, ofrecido pola Xunta de Galicia e destinado a persoas maiores de 55 anos.

A unidade móbil desta iniciativa estará en Pontedeume os próximos días 20, 21 e 22 de abril ofrecendo servizos gratuítos como podoloxía, estimulación da memoria e audioloxía.

Máis información no teléfono 622748283 ou no e-mail: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

A unidade móbil situarase na Avenida de Ricardo Sánchez, á altura do Parque Sarmiento, para ofrecer os distintos servizos á poboación maior.