O premio ten como obxecto o fomento da igualdade mediante a realización de proxectos que poñan en valor o papel histórico, económico, social e cultural das mulleres e/ou contribuan de forma relevante ao avance no asentamento social da aposta pola igualdade de xénero, a loita contra a violencia de xénero, a diversidade sexual e a interseccionalidade.
Poderán presentar os seus proxectos as persoas físicas inscritas no réxime especial de traballadoras/es autónomas/os, as entidades de economía social e/ou empresas que teñan residencia/sede no territorio galego deverán estar legalmente constituídas no momento de presentar a candidatura.
Poderán presentarse ao concurso proxectos orixinais e de autoría propia, que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro de 2024 e o 31 de marzo de 2025, data na que deberán estar rematados. Os proxectos desenvolveranse na provincia da Coruña e terán como destinataria/beneficiaria a poboación da provincia valorandose a súa repercusión provincial.
O prazo de presentación remata ás 14:00h do 23 de xullo de 2024.
Enlace ao BOP das bases: https://bop.dicoruna.es/ bopportal/publicado/2024/06/ 04/2024_0000003803.pdf