Concello de Pontedeume organiza unha nova edición de Deporte en Igualdade, no marco do día do deporte na rúa, a favor da igualdade de xénero.
A xornada será este domingo 15 de maio de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.
A iniciativa ten como obxectivo promover a desaparición de actitudes sexistas e fomentar a convivencia e a percepción da igualdade entre as mulleres e os homes na práctica deportiva.
En total, programáronse 26 actividades repartidas por diferentes puntos da vila eumesa: Praza do Conde, Xardíns de Lombardero, Alameda, Peirao e o Torreón dos Andrade.
Entre as propostas deportivas, propóñense tiro con arco, ciclismo, axedrez, tirolina, baloncesto, atletismo ou rappel, entre outras.
Habilitaranse zonas de descanso e outorgaranse camisetas conmemorativas e agasallos nas actividades de igualdade.