O Concello de Pontedeume e a Unión de Comerciantes e Autónomos de Pontedeume (UCOA) organizan o concurso “Ponted’Pinchos 2023” os días 12 , 13 e 14 de maio.
Os establecementos participantes na ruta de pinchos serán: StouenLamas, A Pitanza, Avellaneda, A Cociña, Cervecería Alameda, Albatros, Cunchas Casaprima, O Miolo, Fubolín, Varadoiro e Bico de Xeado
O concurso será o venres 12 de 20:00 a 22:30 horas, o sábado 13 de 13:00 a 15:00 horas e de 20:00 a 22:30 horas, e o domingo 14 de 13:00 a 15:00 horas.
Un xurado profesional premiará os tres mellores pinchos, baseándose na súa presentación, sabor, servizo, orixinalidade e emprego de ingredientes locais ou de proximidade.
O xurado popular tamén entregará o premio ao mellor pincho, en función da valoración do público.
Para poder votar, cómpre selar as visitas nos establecementos. Ademais, as veciñas e veciños poderán participar no sorteo dunha tablet.