Dado o éxito do proxecto “Paseos na noite de Pontedeume”, o Concello de Pontedeume decidiu propoñer novas datas para esta iniciativa.
Xa está aberto o prazo de inscrición para poder participar nesta iniciativa que achega a historia, lendas, persoeiros e tradicións de Pontedeume da man da figura da serena Carmen.
Os diferentes percorridos polo casco histórico de Pontedeume terán lugar os días 22 e 23 de abril e 6, 7, 27 e 28 de maio con saída ás 21:30 desde o Torreón dos Andrade.
Dende o Concello de Pontedeume recórdase que o número de prazas é limitado a 25 asistentes, polo que é necesario realizar a inscrición previa.
As solicitudes de prazas poden realizarse na Oficina de Turismo, no e-mail oficinaturismo@pontedeume.gal e no teléfono 981430270.