Información sobre a Renovación do DNI Novembro 2022

Información sobre a Renovación do DNI Novembro 2022

DÍA DE SOLICITUDE DE CITAS: Xoves 3 de novembro. Presencialmente no departamento de Policía Local no Edicio de Foremdes.
Avda. Ricardo Sánchez, nº6
15600 Pontedeume (A Coruña)

Persoas con prioridade de 10:00h. a 11:30h.
Prioridade: Persoas con tarxeta de mobilidade reducida, nenas e nenos solicitantes por primeira vez, menores de 18 e maiores de 65 anos.
As persoas con prioridade tamén poden solicitar cita a través do correo electrónico renovacion.dni@pontedeume.gal xuntando copia da tarxeta de mobilidade reducida, dni (maiores de 65 anos) ou datos da persoa co solicita por primeira vez xunto cos datos dos pais ou titores legais.
Resto de persoas: 11:30h. – 13:00h. (no caso de que queden prazas libres).

Día de entrega de documentación para a renovación: Luns 7 de novembro.
Día de recollida do novo DNI: Mércores 9 de novembro.

Nota: No caso de persoas con incapacidade para desprazarse existe un servizo de Policia Nacional de renovación do DNI no domicilio. Para a solicitude deste servizo debe recollerse un modelo dispoñible no departamento de Policía Local (Edif. Foremdes) que deberá ser correctamente cuberto xunto co informe médico que acredite a incapacidade do solicitante.