Con motivo do vinte aniversario do estreno histórico da película de animación “O Bosque Animado” terá lugar a exposición XX anos de “O Bosque Animado”.
Poderá visitarse na Casa da Cultura entre os días 29 de abril e 15 de maio en horario de 18 a 20 horas.
Esta mostra, que inclúe materiais orixinais, así como os premios Goya que acadau, conta con paneis informativos que describen como foi o proceso de creación desta película de animación que se convertía en todo un referente en innovación e utilización de técnicas de elementos 3D rompendo coa estética e narrativa dominante naquel momento por parte de Disney e Píxar, contando cun deseño e factura propios e diferentes.
O transfondo da obra, do mesmo título do autor Wenceslao Fernández Florez, é unha novela imprescindible na literatura universal que está ambientada na Fraga de Cecebre (Cambre), pero que tal como indica o director da peza audiovisual, Manolo Gómez, a película está máis inspirada nas Fragas do Eume.
Toda unha oportunidade de achegarse a esta primeira película de animación europea en 3D producida pola produtora coruñesa Dygra Films e na que tamen poderase desfrutar da súa proxección o mesmo día da inauguración, 29 de abril, desde as 20:30 horas na Casa da Cultura.