O Concello de Pontedeume, dentro das actividades da campaña institucional de loita contra a violencia de xénero, día internacional que se conmemora o vindeiro 25 de novembro, conta a partir do día 17 de novembro cunha mostra fotográfica sobre violencia contra as mulleres con discapacidade na Casa da Cultura.
A mostra está organizada pola Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar) e financiada pola Secretaria Xeral de Igualdade a través del Fondo Social Europe.
A inauguración está prevista para o propio día 17 ás 12:00 h. na Casa da Cultura.
As imaxes fotográficas son dos autores Anxo Resúa Calo e Martín Pérez Fernández e están acompañados por versos da poeta Hadriana Ordóñez Otero.
As fotografías fan un repaso e amosan distintas situacións específicas de violencia exercida contra as mulleres con discapacidade, moitas veces invisibles á sociedade.
A exposición permanecera aberta do 17 ao 30 de novembro de 18:00 a 20:00 h.