eventos para 31 Marzo, 2023 - 24 Marzo, 2023

Paseos na noite de Pontedeume

Torreón dos Andrade Avda. Torreón, s/n, Pontedeume, A Coruña, España

A Concellería de Turismo organiza o proxecto pioneiro "Paseos na noite de Pontedeume". Unha iniciativa que nos achegará a unha nova visión do Pontedeume nocturno, a través dunha figura coñecida por todos, o sereno. Un oficio que aparece documentado desde o século XVIII e que grazas á súa veteranía compartirá á luz do seu candil...

Sementeira de versos

Paseo Marítimo Paseo Marítimo, Pontedeume, España

Durante estes días os centros educativos do Concello de Pontedeume plantarán os seus versos ao longo do Paseo Marítimo.

Día da árbore

Praza do Conde Praza do Conde, Pontedeume, España

O Concello de Pontedeume organiza a segunda edición de 'O Día da Árbore' co obxectivo de concienciar sobre a importancia que teñen as árbores para a biodiversidade do planeta e a necesidade de protexer os bosques e superficies arboradas. Durante este día realizaranse unha serie de plantacións de diferentes especies, como Acacias de Bola e...

Primeiro evento do Clube de Innovación Horizontec

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

O Concello de Pontedeume informa do primeiro evento do Clube de Innovación Horizontec, no que os participantes, de 13 a 16 anos, realizan os seus proxectos no ámbito do deseño, impresión 3D e robótica. Será este sábado, 26 de marzo, de 11:30 a 13:00 horas na Casa da Cultura. A entrada é gratuíta e o...

Presentación do libro “La Hija del conserje” de Alberto Serantes.

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

Pontedeume recibe este sábado, 26 de marzo, a presentación do libro "La Hija del Conserje", do escritor Alberto Serantes. A cita será na Casa da Cultura de Pontedeume ás 18:30. O evento contará coa presenza de Julia Graña, quen presentará o acto, e o autor da obra, Alberto Serantes.

A hora do Planeta

O Concello de Pontedeume súmase á iniciativa de "A hora do planeta", este sábado 26 de marzo, proposta pola Federación Española de Municipios e Provincias. A iniciativa busca visibilizar a loita contra o cambio climático. Deste modo, apagaranse as luces do Torreón dos Andrade entre as 20:30 e 21:30 deste sábado. O Concello de Pontedeume...