eventos para 6 Agosto, 2023 - 23 Xullo, 2023

O lobo e a lúa-Baobab Teatro

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

O lobo e a lúa é unha peza teatral tenra, divertida e integrante onde as súas personaxes conviven a pesar das súas diferenzas. Un espectáculo que transcorre sempre de noite, á luz da Lúa. Unha historia de amizade, superación dos propios medos e do amor. Pensada para público familiar a partir dos tres anos.

Novembro Fotográfico 2022

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

De martes a domingo de 18 a 20 horas. O Concello de Pontedeume inaugura o ‘Novembro Fotográfico 2022’ na Casa da Cultura coa exposición 'Mi jardín de margaritas' de JJG Meizoso. As obras poderanse ver dende este sábado día 12 ata o domingo 27 de novembro en horario de 18.00 a 20.30 horas de martes...

Ciclo de teatro afeccionado 2022- Carrachanacacha do Auturuxo de Melpómene-A pena do cu do mundo

CPR San José Avda da Coruña, 25, Pontedeume, Spain

Comedia musical na que unha peculiar familia que habita unha aldea moi lonxe do mundo ve alterada a harmonía das súas vidas ao encontrarse ante a ameaza da nova concelleira que proxecta construír un parque temático sobre a aldea e o asentamento dunha tribu okupa que anda á procura da utopía desde a súa posición...

Tardes no Mercado

Mercado Municipal Praza do Conde s/n, Pontedeume, A Coruña, Spain

Este venres, ás 17 horas, comeza "Tardes no mercado". O cociñeiro eumés Antonío Díaz Calvo fará unha demostración de cociña cos produtos de tempada do Mercado Municipal. Entre as elaboracións que se realizarán se atopan: Sopa Samaín con cabaza, castañas e cogumelos de tempada, Noqui de pataca con queixos de A Capela, Berberechos á brasa...

Ciclo de teatro afeccionado 2022-Grupo de Teatro Badius- A peregrinaxe

CPR San José Avda da Coruña, 25, Pontedeume, Spain

Por orde de Deus, un humilde pastor ten que partir para a Terra de Godah. Emprende entón unha longa peregrinaxe na que vai enfrontarse a banqueiros e gladiadores, coñecerá ao César e a Cleopatra, discutirá con inflexibles gardas e cos temibles nerios, para acabar na última cea de Xesús. Acompañádenos nesta apaixoante viaxe na procura...

Taller Encantada de Coñecerme

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

TALLER: ENCANTADA DE COÑECERME os días 23 e 30 de novembro de 10:00h a 13:00h. Obradoiro de autocoñecemento e saúde sexual para mulleres. Todas as interesadas poden inscribirse no departamento de servizos sociais antes do 23 de novembro. Este obradoiro está dirixido a crear un espazo de ensino e aprendizaxe grupal sobre a sexualidade e...

Curso de Marketing Dixital aplicado ao pequeno comercio

Aula CeMIT Edificio de Foremdes. Avda. Ricardo Sánchez, 6 (1ª planta), Pontedeume, España

O Concello de Pontedeume organiza un Curso de Marketing Dixital aplicado ao pequeno comercio. Terá lugar na Aula Cemit do Edificio de Foremdes entre os días 25 de novembro e 2 de decembro en horario de 15 a 17 horas. Durante este curso os asistentes coñecerán como xestionar unha tenda online, integración de tpvs, principios...

Festival Santa Icía

Igrexa de Santiago Rúa Igrexa, Pontedeume, A Coruña, Spain

Actúan: Coral Polifónica Lembranzas (Santa Cruz de Oleiros) Coral Polifónica Costumes (Bergondo) Coral Polifónica Eumesa (Pontedeume).   Presenta: Alejandra Bellón