eventos para 18 Marzo - 23 Febreiro

56 edición Baixada do Eume

Paseo Marítimo Paseo Marítimo, Pontedeume, España

O vindeiro martes 15 de agosto, ás 17:30h. no Paseo Marítimo Rosalía de Castro, o Club Náutico Firrete xunto co concello de Pontedeume, organizan a 56 edición da Baixada do Eume. Ás 20:00h., na Alameda de Raxoi, realizarase a entrega de premios.  

Balonmán Noite na pista polideportiva Parque Alcalde Sarmiento

Pista polideportiva Alcalde Sarmiento

Ante a desfavorable  previsión meteorolóxica para o vindeiro venres día 18, queda adiado o evento do Balonmán Noite, organizado polo Club Balonmán Pontedeume, para o vindeiro venres 1 de setembro.    

Cine “O que arde”

Praza do Convento

Non recomendada para menores de 7 anos

Travesía a nado Concello de Pontedeume 2023

Praia de Sopazos

Unha nova edición  dun dos eventos máis lonxevos da nosa vila, a "Travesía a nado Concello de Pontedeume". O vindeiro sábado 19, ás 12:15h. na Praia de Sopazos. Información sobre inscricións no propio cartel.  

Xornadas de Saldos

Concello de Pontedeume Rúa Real, 13, Pontedeume, A Coruña, Spain

O Concello de Pontedeume anuncia os saldos organizados polo comercio eumés, os vindeiros días 24, 25 e 26 de agosto.

“Xogando a reciclar”, con Fanny Medioambiente

Alameda de Raxoi Alameda de Raxoi, Pontedeume, España

O Concello de Pontedeume acolle esta actuación en chave de Clown, coa que aprender de xeito diferente e divertido sobre a reciclaxe e a súa importancia.

Noites de Ronda

Casco histórico Pontedeume, A Coruña, Spain

“Atemporal” de O Mago Charlangas

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

O Mago Charlangas convídanos a viaxar a través do tempo co seu espectáculo "Atemporal". O vindeiro luns 28 de agosto, ás 20:00h. na Casa da Cultura de Pontedeume.

Probas para a obtención dos certificados Celga no ano 2023

No DOG do luns, 4 de setembro de 2023, publícase a RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2023. PRAZO DE MATRÍCULA: do 5 ao 25...