eventos para 25 Agosto, 2023 - 7 Xullo, 2023

Voluntariado Ambiental-Limpeza San Miguel de Breamo

Ermida de San Miguel de Breamo CP-6901, Pontedeume, Spain

O sábado 1 de outubro, ás 10:30 horas, na ermida de San Miguel de Breamo como punto de encontro, organizamos unha xornada de voluntariado ambiental con razón da Romaría de San Miguel de Breamo que se celebra dous días antes. Despois da festividade o monte e os arredores da ermida quedan cheos de lixo, polo...

Andaina de Cor Inclusiva-CamiñaXtodas

Paseo Marítimo Paseo Marítimo, Pontedeume, España

O sábado 1 de outubro a Asociación Sociocultural ASCM en colaboración co Concello de Pontedeume organiza a Andaina de cor Inclusiva "CamiñaXtodas" no paseo marítimo do Concello de Pontedeume Realizarase un percorrido de 2 km aproximadamente onde as persoas participantes serán espolvoreadas con distintas cores. Os interesados en inscribirse poden facelo a través da seguinte...

Exposición XVI Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica/2021

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

Outro ano máis acudimos a unha gran cita do gravado, o XVI Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez 2021 que convoca anualmente a Deputación da Coruña. Dezaseis anos xa que de forma ininterrompida o apoio aos artistas deu forma a este certame creado para o seu recoñecemento e difusión. Diremos que por fin estamos...

XV Festival de Outono

Igrexa de Santiago Rúa Igrexa, Pontedeume, A Coruña, Spain

Actuarán: Coral Polifónica Ferrolana "A Magdalena" de Ferrol Coro "Ángel Émbil" de Pola de Siero, Asturias Coro Alegre Intermezzo, Pontedeume

Achégate a Europa da man do proxecto Xeración

Alameda de Raxoi Alameda de Raxoi, Pontedeume, España

Este domingo, 2 de outubro, chegará a Pontedeume o Proxecto Xeración. Unha oportunidade de coñecer todos os programas europeos de mobilidade xuvenil ao tempo que poderás practicar o teu inglés con participantes que chegan de Grecia, Holanda ou Bulgaria. Achégate e coñecer a súa EuroLibrary (Biblioteca Humana), xogos interactivos, actividades de conversa en inglés e...

Teatro-A nena que quería navegar

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

A Nena farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Enseinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un...

Festival de Rondallas

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

Actuarán: *Rondalla de Cariño *Rondalla "Chicas de Oro"-Pontedeume

Programa Rede Paraugas

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

Pontedeume ofrece grupos de axuda mutua para familias coidadoras de persoas con demencia neurodexenerativa O Concello de Pontedeume informa do Programa "Rede Paraugas", que consiste en grupos de axuda mutua que se realizarán na vila. A iniciativa diríxese a familias coidadoras de persoas con demencia neurodexenerativa. As sesións serán gratuítas e ofrecerase unha xornada mensual...

II Trail Monte Breamo

Praza do Conde Praza do Conde, Pontedeume, España

Volve un dos trails máis populares da nosa comarca grazas ao gran traballo realizado pola ADC Monte Breamo. Este ano con máis novedades e novos percorridos. Non vos podedes perder a oportunidade de correr nun entorno inmellorable e nun dos pobos máis destacados de toda a contorna, percorrendo parte da nosa cultura e tradición pola...