Charla de Laura Herrera sobre a defensa do uso e da xestión dos recursos naturais

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

Pontedeume recibe a Laura Herrera, responsable do Programa Feminismo e Xustiza Ambiental da Colectiva Feminista Para o Desenvolvemento Local, dentro da xira que está a realizar esta defensora de dereitos centroamericana por varias vilas galegas. A charla terá lugar o martes, 14 de xuño, ás 17:30 no salón de actos da Casa da Cultura de...

Presentación do libro “El eco de tu voz” de Juán Galán

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

Presentación do libro "El eco de tu voz" de Juán Galán Acompañarán ao autor Nina Pantín poeta aresana e Fany Gómez García, bibliotecaría da BM de Ferrol. Coa colaboración do dúo eumés "Lírica" (violín e piano)

Andaina Cultural ao Castelo de Andrade

Torreón dos Andrade Avda. Torreón, s/n, Pontedeume, A Coruña, España

O sábado 23 de xullo terá lugar unha iniciativa innovadora aos pés do Castelo de Andrade. O Ateneo Eumés xunto co Concello de Pontedeume organiza unha andaina cultural ata o Castelo de Andrade, xunto con dous relatorios sobre a familia dos Andrade e Roi Xordo e Alonso de Lanzós e un concerto de música medieval...

Presentación Muller Dixital: Formación para mulleres en habilidades dixitais

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

O Concello de Pontedeume súmase ás accións desenvoltas pola Xunta de Galicia, con fondos da Unión Europea no Marco do Plan de recuperación, Transformación e Resiliencia (fondos C19 13), destinados á mellora das capacidades dixitais para persoas desempregadas, co obxectivo de impulsar o emprendemento e o desenvolvemento rural e reducir a brecha de xénero. O...

Achégate a Europa da man do proxecto Xeración

Alameda de Raxoi Alameda de Raxoi, Pontedeume, España

Este domingo, 2 de outubro, chegará a Pontedeume o Proxecto Xeración. Unha oportunidade de coñecer todos os programas europeos de mobilidade xuvenil ao tempo que poderás practicar o teu inglés con participantes que chegan de Grecia, Holanda ou Bulgaria. Achégate e coñecer a súa EuroLibrary (Biblioteca Humana), xogos interactivos, actividades de conversa en inglés e...

Presentación do libro O segrego de Al’eume

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

O segredo de Al'eume, libro de Pilar Ortega Pereiro gañador do IV Premio María Victoria Moreno de Literatura xuvenil. Despois do accidente en bibicleta da súa irmá Teba, nunha visita ao mosteiro de Caaveiro, Xiana ve como os seus problemas van en aumento e conseguir os cartos para a carísima operación da nena convértese no...

Tardes no Mercado

Mercado Municipal Praza do Conde s/n, Pontedeume, A Coruña, Spain

Este venres, ás 17 horas, comeza "Tardes no mercado". O cociñeiro eumés Antonío Díaz Calvo fará unha demostración de cociña cos produtos de tempada do Mercado Municipal. Entre as elaboracións que se realizarán se atopan: Sopa Samaín con cabaza, castañas e cogumelos de tempada, Noqui de pataca con queixos de A Capela, Berberechos á brasa...