Curso en atención especializada en Alzheimer e outras demencias

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

O Concello de Pontedeume organiza, en colaboración coa entidade AFAL Ferrolterra, un curso de formación en Alzheimer e outras demencias que tratará sobre a abordaxe terapéutica e as mobilizacións e transferencias das persoas dependentes. Profundízase na enfermidade de Alzheimer como o tipo de demencia máis frecuente. O curso terá lugar os días 11 e 12...

Charlas sobre proxectos de innovación do Clube Horizontec

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

Continúan as actividades do clube de innovación e tecnoloxía Horizontec. O sábado 28 de maio, ás 17 horas na Casa da Cultura, terá lugar a presentación de novos proxectos de innovación existentes en sectores como a loxística, os deportes e a ciencia contando coa presenza de Gabriel Torrente, Mateo García e Pablo Botas que nos...

Exposición Pacto Verde Europeo

Paseo Marítimo Paseo Marítimo, Pontedeume, España

A exposición Pacto Verde Europeo de EUROPE DIRECT A Coruña chega o 3 de xuño a Pontedeume • A cidadanía poderá achegarse de forma sinxela e didáctica aos obxectivos, retos e medidas climáticas e medioambientais que establece a Unión Europea para as vindeiras décadas • Pontedeume tamén acollerá unha actuación de malabares, equilibrios e acrobacias...

Somos moito Tour

Alameda de Raxoi Alameda de Raxoi, Pontedeume, España

Os Concellos de Pontedeume e Cabanas, súmanse á Campaña de Comunicación sobre Oportunidades e Políticas Xuvenís para a Participación e a Inclusión Social da Xuventude. Esta campaña está promovida pola Deputación da Coruña dentro do seu programa Europe Direct. Trátase dun proxecto informativo, itinerante e participativo que ofrecerá ferramentas , coñecementos e metodoloxías da educación...

Presentación dos Proxectos Horizontec 2022

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

Este sábado, desde as 19 horas na Casa da Cultura de Pontedeume, realizarase a presentación final dos proxectos realizados polo Clube de Innovación Horizontec durante os pasados meses. Esta iniciativa dota ás rapazas e rapaces de entre 13 e 16 anos das ferramentas que precisan para o desenvolvemento do seu talento e ten como obxectivo...

Os irmandiños no Castelo de Andrade

Castelo de Andrade Camino Castelo de Andrade s/n, Pontedeume, A Coruña, Spain

O sábado 23 de xullo terá lugar unha iniciativa innovadora aos pés do Castelo de Andrade. O Ateneo Eumés xunto co Concello de Pontedeume organiza unha andaina cultural ata o Castelo de Andrade, xunto con dous relatorios sobre a familia dos Andrade e Roi Xordo e Alonso de Lanzós e un concerto de música medieval...

III Torneo de Pesca infantil e charla de Cristina Piñeiro

Porto Marítimo Avda del Puerto s/n, Pontedeume, A Coruña, Spain

Aberto o prazo de inscrición para a terceira edición do Torneo de pesca Infantil do C.N. Entrepontes. O domingo 4 de setembro, ás 11:00h. realizarase unha charla previa ao torneo no Pavillón Municipal de Deportes A Casqueira. A eumesa Cristina Piñeiro, bióloga mariña, será a encargada de compartir esta interesante charla. Para realizar dita inscrición...

Presentación Muller Dixital: Formación para mulleres en habilidades dixitais

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

O Concello de Pontedeume súmase ás accións desenvoltas pola Xunta de Galicia, con fondos da Unión Europea no Marco do Plan de recuperación, Transformación e Resiliencia (fondos C19 13), destinados á mellora das capacidades dixitais para persoas desempregadas, co obxectivo de impulsar o emprendemento e o desenvolvemento rural e reducir a brecha de xénero. O...

Programa Rede Paraugas

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

Pontedeume ofrece grupos de axuda mutua para familias coidadoras de persoas con demencia neurodexenerativa O Concello de Pontedeume informa do Programa "Rede Paraugas", que consiste en grupos de axuda mutua que se realizarán na vila. A iniciativa diríxese a familias coidadoras de persoas con demencia neurodexenerativa. As sesións serán gratuítas e ofrecerase unha xornada mensual...