Balonmán na Rúa

CEIP Couceiro Freijomil Avda do Peirao s/n, Pontedeume, A Coruña, Spain

Pontedeume acolle esta fin de semana a Copa 5x5 de Balonmán na rúa O Concello de Pontedeume recibe do 31 de marzo ao 2 de abril esta iniciativa deportiva da Deputación da Coruña, dirixida a deportistas das categorías alevín e benxamín. A competición será na pista do CEIP Couceiro Freijomil. Poderanse inscribir nenas/os desas categorías...

Xornada Xogos Xigantes ao aire libre

Paseo Marítimo Paseo Marítimo, Pontedeume, España

Este luns 3 de abril, de 17:00 a 20:00 horas no Paseo Marítimo Rosalía de Castro, xornada popular de xogos xigantes ao aire libre. Disporase tamén dunha zona deportiva dentro do pavillón IES Breamo con opcións de baloncesto, fútbol, futbolín, etc. A actividade está dirixida a todos os públicos.

Roteiro das cerdeiras

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no Roteiro das Cerdeiras que terá lugar o vindeiro 16 de abril. Esta andaina partirá desde ás 9:30 desde a Oficina de Turismo (Torreón dos Andrade), pasando pola zona de cerdeiras de Ombre, visitando o Castelo de Andrade, voltando a Pontedeume por A Viña, O Silvar...

Liga Xunta Break 2023

Alameda de Raxoi Alameda de Raxoi, Pontedeume, España

O vindeiro sábado 20 de maio, de 17:00 a 21:00h. na Alameda de Rajoy, unha nova edición da Liga Xunta Break en Pontedeume En horario de mañá, de 12:30 a 13:30 horas, haberá talleres de Break, para todo/a rapaz/a que queira desfrutar dun dos vindeiros deportes que farán o seu estreo nos Xogos Olímpicos de...

Deporte en igualdade

Casco histórico Pontedeume, A Coruña, Spain

O Concello de Pontedeume organiza unha nova edición do Deporte en Igualdade, no marco do día do deporte na rúa, a favor da igualdade de xénero. A xornada será este domingo 21 de maio, de 11:00h. a 14:00h. e de 17:00h. a 20:00h. A iniciativa ten como obxectivo promover a desaparición de actitudes sexistas e...

V Andaina “Camiño Real” ata o Castelo de Andrade (Celebración Castelo Folk)

Paseo Marítimo Paseo Marítimo, Pontedeume, España

Con motivo da celebración do V Castelo Folk o Concello de Pontedeume organiza a V Andaina "Camiño Real" ata o Castelo de Andrade con saída ás 10:30 desde a Praza de Rosalía (inicio do Paseo Marítimo). As inscrición poden realizarse na Oficina de Turismo, no email oficinaturismo@pontedeume.gal ou no teléfono 981430270 Todas e todos os...

XI Encontro de Bicicletas Clásicas Peña Leboreira

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

Saída ás 11 horas da Casa da Cultura de Pontedeume Paseo clásico por Pontedeume e visita ao Torreón dos Andrade. Carreira lenta de bicis clásica na Alameda de Rajoy

56 edición Baixada do Eume

Paseo Marítimo Paseo Marítimo, Pontedeume, España

O vindeiro martes 15 de agosto, ás 17:30h. no Paseo Marítimo Rosalía de Castro, o Club Náutico Firrete xunto co concello de Pontedeume, organizan a 56 edición da Baixada do Eume. Ás 20:00h., na Alameda de Raxoi, realizarase a entrega de premios.  

Balonmán Noite na pista polideportiva Parque Alcalde Sarmiento

Pista polideportiva Alcalde Sarmiento

Ante a desfavorable  previsión meteorolóxica para o vindeiro venres día 18, queda adiado o evento do Balonmán Noite, organizado polo Club Balonmán Pontedeume, para o vindeiro venres 1 de setembro.    

Travesía a nado Concello de Pontedeume 2023

Praia de Sopazos

Unha nova edición  dun dos eventos máis lonxevos da nosa vila, a "Travesía a nado Concello de Pontedeume". O vindeiro sábado 19, ás 12:15h. na Praia de Sopazos. Información sobre inscricións no propio cartel.