Os fabulosos Cleaners

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

Unha extraordinaria experiencia visual para participar toda a familia. Dous operarios de limpeza do teatro descobren por casualidade as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, as persoaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas.

Andaina Cultural ao Castelo de Andrade

Torreón dos Andrade Avda. Torreón, s/n, Pontedeume, A Coruña, España

O sábado 23 de xullo terá lugar unha iniciativa innovadora aos pés do Castelo de Andrade. O Ateneo Eumés xunto co Concello de Pontedeume organiza unha andaina cultural ata o Castelo de Andrade, xunto con dous relatorios sobre a familia dos Andrade e Roi Xordo e Alonso de Lanzós e un concerto de música medieval...

Os irmandiños no Castelo de Andrade

Castelo de Andrade Camino Castelo de Andrade s/n, Pontedeume, A Coruña, Spain

O sábado 23 de xullo terá lugar unha iniciativa innovadora aos pés do Castelo de Andrade. O Ateneo Eumés xunto co Concello de Pontedeume organiza unha andaina cultural ata o Castelo de Andrade, xunto con dous relatorios sobre a familia dos Andrade e Roi Xordo e Alonso de Lanzós e un concerto de música medieval...

XVII Festival de Habaneras

Praza de San Roque (A Calzada) Praza de San Roque, Pontedeume, A Coruña, Spain

Coro Alegre Intermezzo O Coro Alegre Intermezo fórmase no 1997 en Pontedeume, está integrado por 25 voces mixtas e 8 instrumentistas: piano, violíns, frauta, viola e violonchelo. Dende o ano 2066 organiza en Pontedeume O Festival de Outono co obxectivo de promover un evento musical na localidade e o intercambio con outras agrupacións de dentro...

Exposición fotográfica-Enfocando á muller silenciada

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

Horario: 19:00-21:00 horas “Enfocando á muller silenciada” é un traballo baseado na propia experiencia do autor. Despois de fotografar en diferentes países as accións cotiás que a muller realiza, o xornalista José Luis Fernández Liz conclúe que se lle segue outorgando un papel secundario, que o trato é discriminatorio e que a desigualdade sexual segue...

Maxia na Vila de Pontedeume co Mago Richard

Alameda de Raxoi Alameda de Raxoi, Pontedeume, España

Galicia Ilusiona chega a Pontedeume! Desfruta do mellor festival de maxia e ilusionismo o día 5 de agosto na Alameda de Raxoi. Esperámoste para encher Galicia de ilusión!

Festival Internacional de Folclore

Praza de San Roque (A Calzada) Praza de San Roque, Pontedeume, A Coruña, Spain

Pontedeume retoma esta fin de semana o Festival Internacional de Folclore, tras dous anos de parón por mor da pandemia. A cita celebrarase este venres e este sábado, días 5 e 6 de agosto, na praza de San Roque a partir das 20:30. O evento, organizado polo Concello de Pontedeume xunto á Asociación Folclórica e...