Past Events › Presentacións

Presentación do libro O segrego de Al’eume

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

O segredo de Al'eume, libro de Pilar Ortega Pereiro gañador do IV Premio María Victoria Moreno de Literatura xuvenil. Despois do accidente en bibicleta da súa irmá Teba, nunha visita ao mosteiro de Caaveiro, Xiana ve como os seus problemas van en aumento e conseguir os cartos para a carísima operación da nena convértese no...

Tardes no Mercado

Mercado Municipal Praza do Conde s/n, Pontedeume, A Coruña, Spain

Este venres, ás 17 horas, comeza "Tardes no mercado". O cociñeiro eumés Antonío Díaz Calvo fará unha demostración de cociña cos produtos de tempada do Mercado Municipal. Entre as elaboracións que se realizarán se atopan: Sopa Samaín con cabaza, castañas e cogumelos de tempada, Noqui de pataca con queixos de A Capela, Berberechos á brasa...

Presentación do libro “El oro de Himmler” de Juan José Lada Vilariño

Biblioteca Pública Municipal “Poeta Ramiro Fonte” Rúa Couceiro Freijomil, 5, Pontedeume, A Coruña, Spain

Novela de aventura na que catro amigos adolescentes e un antigo profesor buscan un dos tesouros enterrados polos nazis. Para iso, incumpren algunhas normas e corren moitos riscos. Con todo, a procura ben merece algúns sacrificios. Unha procura chea de sorpresas, aventura e acción que levará aos seus protagonistas por diferentes emprazamentos históricos de Europa....

Conferencia “O traxe popular galego”

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

Proxecto "Sete saias". Obradoiros de Cultura Tradicional Imparte: Ana Nogareda Mato Trataránse conceptos básicos sobre o traxe tradicional Galego. Falarase sobre a distinción entre o traxe popular e o traxe tradicional  así como da importancia das pezas testemuña, os tecidos e os cortes. As distintas pezas das que se compón o traxe, así como as ...

Presentación da Revista eumesa de estudos Cátedra

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

A Casa da Cultura acolle este xoves, día 1 de decembro, a presentación do número 29 da Revista eumesa de estudios Cátedra. A partir das 20.00 horas comezará o acto que será presentado polo historiador José Manuel Suárez Martínez. A revista Cátedra publicouse por primeira vez en 1994 recollendo artigos de investigación dedicados á antropoloxía,...

Tardes no Mercado

Mercado Municipal Praza do Conde s/n, Pontedeume, A Coruña, Spain

Este venres, 2 de decembro, a partires das 17.00 horas, as irmás Pilar e Raquel Cascón Rodríguez, ofrecerán unha charla sobre alimentación e alimentos saudables no Mercado Municipal de Pontedeume, centrándose nas cualidades das algas. Estas irmás levan anos a traballar na difusión da alimentación saudable, os circuitos curtos de comercialización de productos locais e...

Tardes no Mercado

Mercado Municipal Praza do Conde s/n, Pontedeume, A Coruña, Spain

Obradoiro e degustación de cociña saudable con Inés Pereiro, impulsora do proxecto “Sen Sucre". Inscricións: euroeume@euroeume.org ou no teléfono:699556438

Contos do mundo

Biblioteca Pública Municipal “Poeta Ramiro Fonte” Rúa Couceiro Freijomil, 5, Pontedeume, A Coruña, Spain

“Contos do Mundo” da Asociación Solidariedade Internacional de Galicia. Dirixido a rapazas e rapaces de 5 a 10 anos. Biblioteca Municipal Poeta Ramiro Fonte 18:00 horas.