Xincana Deportiva Solidaria

Pavillón Municipal "A Casqueira" Avda. do Peirao s/n, Pontedeume, A Coruña, Spain

Xornada deportiva para familias. Recollida de alimentos non perecedeiros e útiles de aseo persoal para o banco de alimentos municipal.

Andaina da Costa

Torreón dos Andrade Avda. Torreón, s/n, Pontedeume, A Coruña, España

Andaina Pontedeume - Praia de Ver – Castrelo- Pontedeume 11 Kms. Dificultade baixa. Prazas limitadas. Inscricións na Oficina de Turismo (Torreón dos Andrade), no email oficinaturismo@pontedeume.gal ou no teléfono 981 43 02 70. No itinerario bordearase toda a costa ata chegar a Praia de Ver, facendo unha ruta circular que nos levará por Castrelo con...

I Carreira Popular Río Eume

Paseo Marítimo Paseo Marítimo, Pontedeume, España

'I Carreira Popular - Río Eume' organizada pola Asociación Deportiva e Cultural Monte Breamo o vindeiro domingo 5 de marzo. Unha fermosa carreira sobre asfalto con saída no Paseo Marítimo Rosalía de Castro de Pontedeume en dirección ata as Fragas do Eume. Ida e volta, para rematar no mesmo lugar da saída. Inscricións: https://www.ins.cronotec.es/web-evento/8036-i-carrera-popular-rio-eume  

Balonmán na Rúa

CEIP Couceiro Freijomil Avda do Peirao s/n, Pontedeume, A Coruña, Spain

Pontedeume acolle esta fin de semana a Copa 5x5 de Balonmán na rúa O Concello de Pontedeume recibe do 31 de marzo ao 2 de abril esta iniciativa deportiva da Deputación da Coruña, dirixida a deportistas das categorías alevín e benxamín. A competición será na pista do CEIP Couceiro Freijomil. Poderanse inscribir nenas/os desas categorías...

Xornada Xogos Xigantes ao aire libre

Paseo Marítimo Paseo Marítimo, Pontedeume, España

Este luns 3 de abril, de 17:00 a 20:00 horas no Paseo Marítimo Rosalía de Castro, xornada popular de xogos xigantes ao aire libre. Disporase tamén dunha zona deportiva dentro do pavillón IES Breamo con opcións de baloncesto, fútbol, futbolín, etc. A actividade está dirixida a todos os públicos.

Roteiro das cerdeiras

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no Roteiro das Cerdeiras que terá lugar o vindeiro 16 de abril. Esta andaina partirá desde ás 9:30 desde a Oficina de Turismo (Torreón dos Andrade), pasando pola zona de cerdeiras de Ombre, visitando o Castelo de Andrade, voltando a Pontedeume por A Viña, O Silvar...

Liga Xunta Break 2023

Alameda de Raxoi Alameda de Raxoi, Pontedeume, España

O vindeiro sábado 20 de maio, de 17:00 a 21:00h. na Alameda de Rajoy, unha nova edición da Liga Xunta Break en Pontedeume En horario de mañá, de 12:30 a 13:30 horas, haberá talleres de Break, para todo/a rapaz/a que queira desfrutar dun dos vindeiros deportes que farán o seu estreo nos Xogos Olímpicos de...

Deporte en igualdade

Casco histórico Pontedeume, A Coruña, Spain

O Concello de Pontedeume organiza unha nova edición do Deporte en Igualdade, no marco do día do deporte na rúa, a favor da igualdade de xénero. A xornada será este domingo 21 de maio, de 11:00h. a 14:00h. e de 17:00h. a 20:00h. A iniciativa ten como obxectivo promover a desaparición de actitudes sexistas e...

V Andaina “Camiño Real” ata o Castelo de Andrade (Celebración Castelo Folk)

Paseo Marítimo Paseo Marítimo, Pontedeume, España

Con motivo da celebración do V Castelo Folk o Concello de Pontedeume organiza a V Andaina "Camiño Real" ata o Castelo de Andrade con saída ás 10:30 desde a Praza de Rosalía (inicio do Paseo Marítimo). As inscrición poden realizarse na Oficina de Turismo, no email oficinaturismo@pontedeume.gal ou no teléfono 981430270 Todas e todos os...

XI Encontro de Bicicletas Clásicas Peña Leboreira

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

Saída ás 11 horas da Casa da Cultura de Pontedeume Paseo clásico por Pontedeume e visita ao Torreón dos Andrade. Carreira lenta de bicis clásica na Alameda de Rajoy