Apagón polo cambio climático

Torreón dos Andrade Avda. Torreón, s/n, Pontedeume, A Coruña, España

Máis de vinte concellos, entre eles o de Pontedeume, únense ao “apagón” para concienciar sobre o cambio climático. A acción convocada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade polo Día do Medio Ambiente encádrase no proxecto europeo ‘People and Planet’ Unha deputación e 21 concellos socios Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade uniranse este domingo,...

Charla de Laura Herrera sobre a defensa do uso e da xestión dos recursos naturais

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

Pontedeume recibe a Laura Herrera, responsable do Programa Feminismo e Xustiza Ambiental da Colectiva Feminista Para o Desenvolvemento Local, dentro da xira que está a realizar esta defensora de dereitos centroamericana por varias vilas galegas. A charla terá lugar o martes, 14 de xuño, ás 17:30 no salón de actos da Casa da Cultura de...

Falemos de saúde: Charla sobre a prevención do melanoma

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

O Concello de Pontedeume organiza unha charla sobre 'Fotoprotección e prevención do melanoma', o mércores 15 de xuño ás 20:00 horas na Casa da Cultura. Intervirán Ignacio Baquerizo, Nerea Valcárcel e María Andrade, M.I.R. da Unidade Docente de Atención Familiar e Comunitaria de Ferrol.

I Mostra Infantil de Folclore

Alameda de Raxoi Alameda de Raxoi, Pontedeume, España

I Mostra infantil de Folclore coa participación das escolas de música e danza da AFC Orballo e ACM Airiños do Eume.

Viaxe Cultural a Allariz (Ourense)-Programa de envellecemento activo

O Concello de Pontedeume organiza unha viaxe cultural á vila de Allariz (Ourense) o próximo martes 28 de xuño. A actividade inclúese no programa de envellecemento activo, co obxectivo de favorecer a autonomía persoal o envellecemento saudable así como a participación social e a integración na comunidade. A cita inclúe a visita ao casco histórico,...

15€

Obradoiros infantís de cociña saudable no Mercado Municipal

Mercado Municipal Praza do Conde s/n, Pontedeume, A Coruña, Spain

Este martes e mércores en horario de 11:30 a 13 horas haberá obradoiros para rapazas e rapaces entre seis e once anos no Mercado Municipal de Pontedeume. Aprenderán a elaborar as súas propias mini hamburguesas de pescado e pinchos de froitas multicolor.