XVII Festival de Habaneras
- This event has passed.
XVII Festival de Habaneras
30 Xullo, 2022, 21:00 - 23:00
Coro Alegre Intermezzo
O Coro Alegre Intermezo fórmase no 1997 en Pontedeume, está integrado por 25 voces mixtas e 8 instrumentistas: piano, violíns, frauta, viola e violonchelo.
Dende o ano 2066 organiza en Pontedeume O Festival de Outono co obxectivo de promover un evento musical na localidade e o intercambio con outras agrupacións de dentro e fora de Galicia.
A súa directora é Dona Ofelia Regueira Fernández.
Coral Francisco Añon de Outes
Foi fundada dentro do Centro social da localidade no outono do ano 1991. As súas primeiras actuacións foron solemnizando funcións relixiosas, participou en varios programas da TVGA.
A partir do ano 1995 veu asistindo anualmente ao Certame de Panxoliñas que organizaba Caixa Nova. O seu director e fundador é D. Domingo Barreiros Lago.
Coral Polifónica de Betanzos
Foi fundada no ano 1968 realizando o seu primeiro concerto o 28 de marzo de 1969. Leva realizadas mais de duas mil actuacións e concertos en toda Galicia así como en Francia e Portugal.
En marzo de 1991 a Coral viaxou a Italia cantando no Vaticano. Actuaron tamén en TVE e TVGA.
Coral Polifónica Eumesa
Recollendo inquedanzas musicais da vila, naceu a coral Eumesa en febreiro de 1970. Os primeiros dirixentes foron o mestre Antonio Leira Díaz “O Patolo”, como Director Musical, e como Primeiro Presidente Avelino Tenreiro Fdez. (Lino Martiño).
Dende a súa fundación fixo moitas actuacións por toda a provincia mediante intercambio con outras entidades coralísticas así como tamén con corais de Asturias, Cataluña, Castilla La Mancha, Castilla León e Extremadura.
A nivel internacional realizou intercambios con corais de Francia e Portugal
Integrada en Fecoga dende 1984, organiza diversas actividades: Música Sacra, Festival Santa Icía, colabora nas Letras Galegas e Concerto de Panxoliñas.
A Coral ven de celebrar 2020 o seu “50 Aniversario da Fundación”
O seu repertorio é moi amplo: adaptacións actuais, temas renacentistas, música tradicional galega, músicas do mundo, clásica, habaneras, temas de zarzuela, relixiosa e composicións propias.
O seu director dende 1985 é Xosé Paz Fernández, autor local do “Cancioneiro Popular Eumés”.