XII Festival de Maxia
- This event has passed.
XII Festival de Maxia
10 Agosto, 2022 - 12 Agosto, 2022
O Concello de Pontedeume acolle desde o mércores, 10 de agosto, e ata o venres 12 a XII edición do seu Festival de Maxia, cunha completa programación para todas as idades.
A praza Real, a praza do Conde, a Alameda de Raxoi, e as parroquias eumesas acollerán as diferentes actuacións en horario de mañá e tarde, que en caso de choiva se trasladarán á Casa da Cultura.
Ademáis, nesta edición o certame inclúe obradoiros de maxia da Escola Galega de Ilusionismo, todos os días ás 11:00 horas nos xardíns da Casa da Cultura.
Os magos participantes nesta ocasión serán Adrián Carratala, José Mari Alcázar, Iván Asenjo e Amelie.
Adrián Carratala foi dúas veces campión de España e vencedor do prestixioso programa da televión estadounidense ‘Penn and Teller Fool Us’ nas Vegas, mentres que José Mari Alcázar recibiu o primeiro premio nacional de maxia infantil neste 2022.
Iván Asenjo está considerado como un dos mellores e máis transgresores ilusionistas de Europa, con gran experiencia e numerosos recoñecementos, e a compañía Amelie Maxia naceu no 2011 e neste festival presenta ‘Consiste en soñar’, onde a maxia, o circo e a interpretación atópanse para formar un espectáculo no que calquera cousa é posible.