Xantar de Entroido 2025

Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Xantar de Entroido 2025

26 Febreiro

O Concello de Pontedeume dende o Programa de Dinamización Social e Fomento da Participación Cidadá, impulsa unha serie de accións dirixidas ao colectivo das persoas maiores que, ten como máxima: desenvolver políticas sociais dirixidas a mellorar a súa calidade de vida para acadar un envellecemento activo real.
Dende os servizos sociais municipais tramítanse e xestiónanse moitas destas accións e, vinculado a este departamento, cabe destacar a acción preventiva e de promoción persoal e funcional que a través da realización de actividades socio-culturais e recreativas, así como, a prestación doutros servizos, leva a cabo o Centro Municipal de Persoas Maiores.
O vindeiro día 26 febreiro realizarase a tradicional Festa de Entroido dirixida a este colectivo de poboación. Esta actividade naceu para converterse nun espazo de convivencia facilitador do establecemento de relacións interpersoais e sociais.
Todas as persoas interesadas en participar na Festa de Entroido poden informarse e inscribirse no Centro Municipal de Maiores ou no departamento de servizos sociais municipais ata o vindeiro día 21 de febreiro.

Details

Date:
26 Febreiro
Event Categories:
, ,

Organizer

Concello de Pontedeume
Phone
981 433 054
Email
correo@pontedeume.gal
View Organizer Website