Xantar de Entroido
- This event has passed.
Xantar de Entroido
7 Febreiro, 14:30 - 19:00
O Concello de Pontedeume, dende o Programa de Dinamización Social e Fomento da Participación Cidadá e o Programa de Envellecemento Activo, impulsa unha serie de accións dirixidas ao colectivo das persoas maiores que, teñen como obxectivo: desenvolver políticas sociais dirixidas a mellorar a súa calidade de vida para acadar un envellecemento activo real.
Dende os servizos sociais municipais tramítanse e xestiónanse moitas destas accións e, vinculado a este departamento, cabe destacar a acción preventiva e de promoción persoal e funcional que leva a cabo o Centro Municipal de Maiores a través da realización de actividades socio-culturais e recreativas.
O vindeiro día 7 de febreiro realizarase a tradicional Festa de Entroido dirixida a este colectivo de poboación. Esta actividade naceu para converterse nun espazo de convivencia facilitador do establecemento de relacións interpersoais e sociais.
Todas as persoas maiores de 55 anos interesadas en participar nesta festa poden informarse e inscribirse no Centro Municipal de Maiores ou no departamento de Servizos Sociais municipais ata o vindeiro día 5 de febreiro.