Visita guiada “A simboloxía relixiosa nos espazos públicos”

Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Visita guiada “A simboloxía relixiosa nos espazos públicos”

14 Abril, 2022, 17:00 - 18:30

Por mor das vacacións de Semana Santa, a Oficina de Turismo lanza dúas novas propostas de visitas guiadas.

Por unha banda, achegarémonos á simboloxía relixiosa nos espazos públicos, seguindo o mesmo percorrido que se
realiza nas procesións durante este periodo do ano, facendo referencia a diversos puntos de interese como as esculturas de San Nicolás e San Agustín, o cruceiro da Praza das Angustias, referencias relixioso-cristíás no escudo dos Andrade ou a simboloxía da fachada da Igrexa das Virtudes.

A outra temática abordará a figura do gran mecenas barroco: Bartolomé Rajoy y Losada e os lugares relacionados coa súa figura e vida, resaltando a importancia e repercusión da súa figura na historia da nosa vila. Así visitaranse lugares como as Lonxas e Pazo de Rajoy, a Cátedra da Latinidade, a Igrexa de Santiago, achegándose tamén a súa escultura ubicada na planta baixa do edificio do Concello de Pontedeume.

As visitas guiadas están programadas durante catro días consecutivos, desde o xoves 14 ata o domingo 17 de abril, en horario de 12 a 13:30 e de 17:00 a 18:30 iniciando o percorrido desde o Torreón do Andrade.
Cada unha das quendas consta de 20 prazas e xa se pode realizar a inscrición na Oficina de Turismo, no email oficinaturismo@pontedeume.gal ou no teléfono 981430270.

Details

Date:
14 Abril, 2022
Time:
17:00 - 18:30
Event Category:

Venue

Torreón dos Andrade
Avda. Torreón, s/n
Pontedeume, A Coruña España
Phone
981 430 270

Organizer

Concello de Pontedeume
Phone
981 433 054
Email
correo@pontedeume.gal
View Organizer Website