Tardes no Mercado

Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Tardes no Mercado

2 Decembro, 2022, 17:00 - 19:00

Este venres, 2 de decembro, a partires das 17.00 horas, as irmás Pilar e Raquel Cascón Rodríguez, ofrecerán unha charla sobre alimentación e alimentos saudables no Mercado Municipal de Pontedeume, centrándose nas cualidades das algas.

Estas irmás levan anos a traballar na difusión da alimentación saudable, os circuitos curtos de comercialización de productos locais e as maneiras de cociñar de forma saudable estes productos.

Ao rematar a charla realizarase unha degustación de productos locais e das cervexas artesas Cervezas Colmo , as primeiras elaboradas con centeo dos Ancares.
Un proxecto circular e social que vai máis alá de elaborar unha cervexa, posto que nace coa finalidade de promover o cultivo do centeo nesta área e promocionar toda a cultura que o rodea, colaborando de maneira activa na recuperación dos teitos das pallozas e outras artes relacionadas con este cereal.
As persoas interesadas en asistir a esta actividade pódense inscribir en euroeume@euroeume.org e no teléfono 699556438

Details

Date:
2 Decembro, 2022
Time:
17:00 - 19:00
Event Categories:
, , ,

Venue

Mercado Municipal
Praza do Conde s/n
Pontedeume, A Coruña 15600 Spain
View Venue Website