Roteiro das cerdeiras 2025

Roteiro das cerdeiras 2025
23 Marzo, 09:30 - 12:30

Dous son os obxetivos do presente estudo: dar a coñecer a riqueza natural do noso concello exemplificada nunhas árbores frutais concretas: as cerdeiras, na zona de Ombre e Nogueirosa e ao mesmo tempo crear un roteiro peoníl polo que se poida disfrutar delas durante todo o ano, sendo a primaveira a época máis esplendorosa do val, tinguíndose dun manto branco que dará paso aos froitos vermellos que serán recollidos a finais de maio e principios de xuño.
O Concello de Pontedeume conta con numerosos recursos histórico patrimoniais pero ademáis o val do río Eume agocha un segredo: as cerdeiras; dende tempos da Idade Media, veñénse plantando no val distintas árbores, froito da construción do Mosteiro de Caaveiro, en cuxas ladeiras de acceso e dispostas en terrazas, plantábanse diferentes tipos de árbores frutais; pero tamén videiras ou aproveitaban as existentes, coma os castaños; de ahí a construción de curripas para o almacenamento e conservación das castañas.
Ao principio cando as únicas plantacións eran as do mosteiro, éstas, facíanse no lado do río que pertence ao concello de A Capela, por ser moito máis soleado que no lado de Pontedeume.