Paseos na noite de Pontedeume
- This event has passed.
Paseos na noite de Pontedeume
19 Febreiro, 2022, 20:00
A Concellería de Turismo organiza o proxecto pioneiro “Paseos na noite de Pontedeume”.
Unha iniciativa que nos achegará a unha nova visión do Pontedeume nocturno, a través dunha figura coñecida por todos, o sereno.
Un oficio que aparece documentado desde o século XVIII e que grazas á súa veteranía compartirá á luz do seu candil todos os contos, lendas e curiosidades que foi escoitando e aprendendo ao longo deste tempo, abríndonos as portas a unha nova visión de Pontedeume.
Unha maneira diferente de coñecer o paso de Dona Mariana de Neoburgo pola nosa vila despois do seu azaroso desembarco na veciña vila de Mugardos, a figura da poetisa Dona Isabel de Castro de Andrade ou a de D.Fernando de Andrade e como trouxo ata Pontedeume unha reliquia de San Nicolás de Tolentino e a súa importancia no incendio de 1607 na que o rei Felipe II eximiu á vila
do pago de tributos para facer fronte á catástrofe.
As visitas realizaránse os días 18 e 19 de febreiro e 11 e 12 de marzo con saída ás 20 horas da noite desde o Torreón dos Andrade.
Cada quenda conta cun total de 20 prazas e é necesario realizar a inscrición previa na Oficina de Turismo (Torreón dos Andrade), no email oficinaturismo@pontedeume.gal ou no teléfono 981430270.