Intelixencia Artificial e a súa implementación en redes sociais (inscrición previa)
Intelixencia Artificial e a súa implementación en redes sociais (inscrición previa)
30 Xaneiro, 18:30 - 21:30
Durante a tarde do xoves 30 de xaneiro, a partir das 18:30 horas levarase a cabo o “Obradoiro Networking” sobre a utilidade e eficiencia que pode aportar a Intelixencia Artificial ás pemes, persoas autónomas e emprendedoras, pero tamén para usuarios en xeral.
Realizarase un aperitivo networking ao finalizar o obradoiro para todas as persoas asistentes na propia Casa da Cultura do concello.
A participación de Rebeca Facal (negocio dixital) e Ignacio Hornes (consultor en Ciberseguridade e IA), daranos un punto de vista real e útil do presente e futuro desta nova revolución industrial, da nova ferramenta que xa se está a utilizar no día a día das entidades, e como non, no día a día das canles dixitais máis utilizadas.