II Carreira nocturna Concello de Pontedeume – Adiada ao 16/09/2022
- This event has passed.
II Carreira nocturna Concello de Pontedeume – Adiada ao 16/09/2022
5 Setembro, 2022, 22:00 - 6 Setembro, 2022, 00:30
Información de última hora:
APRAZADA A CARREIRA NOCTURNA PARA O VENRES 16
Debida á adversa previsión meteorolóxica aprázase a II Carreira Nocturna prevista para o vindeiro venres, dada a natureza dos traxectos e a súa perigosidade en caso de choiva.
A nova data de celebración será o venres 16 de setembro, nos mesmos horarios.
No caso de non poder asistir na nova data, por favor, comunica a túa baixa escribindo un mail a consulta@championchipnorte.com indicando os teus datos.
Así axudarás a que outra persoa poida inscribirse e desfrutar do evento.
O Concello de Pontedeume en colaboración coa Adc Monte Breamo, organiza a II Carreira nocturna Concello de Pontedeume
O luns 5 de setembro, ás 22:00 horas, dará comezo dende a Praza do Conde a segunda carreira nocturna urbana.
HORARIOS, CATEGORÍAS, DISTANCIAS E PERCORRIDOS
COMPETICIÓNS:
22:00h.
1,8Km ‘MENORES DE IDADE’ (nadas e nados no ano 2006 e posteriores):
unha volta ao percorrido adxunto no racemapp.
22:15h. aprox.
1,8Km ‘POR GRUPOS’:
participación en familia, amigos, asociacións, etc.
(o grupo debe conter mínimo dúas persoas).
AVISO:
Para inscribirse no percorrido ‘POR GRUPOS’, haberá que facelo un/a a un/a e poñer todos/as o mesmo nome do grupo.
Recollerase dorsal pero será unha competición non clasificable.
ACÉPTANSE DISFRACES E DEMÁIS INDUMENTARIAS DIVERTIDAS
23:00h. aprox.
5Km ‘ABSOLUTO’
(nados e nadas no 2005 e anos anteriores):
dúas voltas a un percorrido de 2’5km adxunto no racemapp.
PERCORRIDOS:
Poden consultarse os percorridos no seguinte enlace
https://ccnorte.com/evento/racemapp/id/2399
INSCRICIÓNS (DE BALDE):
Poderanse realizar no seguinte enlace ata o xoves 1 de setembro ás 23:59h.
https://ccnorte.com/evento/inscribirme/id/2399
É importante a lectura do reglamento de competición que se pode atopar no enlace adxunto:
https://ccnorte.com/uploads/eventos/reglamento-6304bfc4c38bc1.44731187.pdf?fbclid=IwAR3bcGpQlrXhW2u4L3rv59BeAT4P4VmnSD10RyawBSYpN8jrZ_vhlfZ6TcY