Festival Solidario AGA-Ucrania
- This event has passed.
Festival Solidario AGA-Ucrania
14 Maio, 2022, 18:00 - 23:30
Tras a suspensión deste festival solidario o pasado 23 de abril debido ás desfavorables prediccións climatolóxicas, esta iniciativa terá lugar o vindeiro 14 de maio desde as 18 horas na Alameda de Rajoy de Pontedeume organizado por AGA UCRAÍNA e o Concello de Pontedeume.
Medio centenar de artistas e máis de trinta voluntarias e voluntarios colaboran neste festival no que todos os fondos recadados, a través da barra instalada nas inmediacións do concerto e as doazóns que se realicen, irán destinados íntegramente a dita asociación para o seu posterior envío a ONGs e entidades oficiais no territorio ucraíno coa finalidade de adquirir material para a poboación civil.
O festival, contará coas actuacións de Luis Blanco e Alberto Amigo, Keepers, Vilni, One Day, Los Barbaritos, Gazela, Colorado, Pablo Bicho e Los Mecánicos.
A asociación AGA-UCRAÍNA (Asociación Galega de Axuda a Ucraína) é a primeira asociación galega creada co obxectivo de prestar servizos de asesoría xurídica, acollida e inserción das refuxiadas e refuxiados do conflicto de Ucraína e da cidadanía que se atopa no territorio por medio do envío de suministros e apoio económico.