FEIRA DO LIBRO DE SEGUNDA MAN

Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

FEIRA DO LIBRO DE SEGUNDA MAN

27 Abril, 17:00 - 20:00

O VINDEIRO SÁBADO 27 DE ABRIL (ENTRE AS 17:00 E AS 20:00 H) LEVAREMOS A CABO O I MERCADO DO LIBRO DE SEGUNDA MAN DE PONTEDEUME , DESTINADO Á VENDA DE LIBROS .

NA FEIRA PÓDESE, INTERCAMBIAR, MERCAR OU VENDER LIBROS DE SEGUNDA MAN.

É UN MERCADO DE LIBROS DE SEGUNDA MAN .

NON SE PERMITIRÁ A VENDA DE NINGÚN TIPO DE ALIMENTO OU COMIDA.

1.- QUEN PODE POÑER UN POSTO?

• PARTICULARES EN XERAL ( non se poderá vender nesta categoría máis dun 30 % de

produto novo , nunca con carácter comercial )(15 POSTOS)

• ASOCIACIÓNS E SOCIEDADES DOMICILIADAS NA VILA (RESERVARÁNSE 10 POSTOS)

• PROFESIONAIS (MÁXIMO 10 POSTOS)

2.- QUE NECESITO?

CADA ADXUDICATARIO DEBE LEVAR TODO O NECESARIO PARA MONTAR O SEU POSTO, E SERÁ RESPONSABLE DESTE.

EN TODO CASO ASUME DEIXAR O ESPAZO CEDIDO NO MESMO ESTADO DE LIMPEZA NO QUE O ATOPOU (EN CASO CONTRARIO PERDERÁ O DEREITO A PARTICIPAR O ANO SEGUINTE).

3.- ONDE E ATA CANDO PODO SOLICITAR O POSTO?

AS INSCRICIÓNS LEVARÁNSE A CABO OS SEGUINTES DÍAS NO REXISTRO XERAL DO CONCELLO DE PONTEDEUME

A ADXUDICACIÓN, TRAS COMPROBAR QUE SE CUMPREN TODOS OS REQUISITOS, EFECTUARÁSE POR RIGUROSA ORDE DE INSCRICIÓN ATA REMATAR OS POSTOS.

AS SOLICITUDES FARANSE PERSOALMENTE, EN NINGÚN CASO SE PODERÁN FACER POR VÍA TELEMÁTICA, WHATSAPP OU TELEFÓNICA.

4.- CANTOS POSTOS PODEMOS SOLICITAR?

PODERASE SOLICITAR UN POSTO POR PERSOA.CADA PARTICIPANTE DISPÓN DUNHA SUPERFICIE DE EXPOSICIÓN DE 3 METROS LINEAIS,

(LIMITANDOSE O FONDO A 3 METROS MÁXIMO),

NO CASO DE ASOCIACIÓNS E SOCIEDADES DOMICILIADAS NA VILA, SE XUSTIFICAN A NECESIDADE DE MÁIS DE 3 M LINEAIS PARA EXPOÑER OS SEUS PRODUTOS, PODERÁN OBTER AUTORIZACIÓN PARA DOUS POSTOS.

A SOLICITUDE DEBERÁ PRESENTALA A PERSOA RESPONSABLE DO POSTO OU AUTORIZADO

(neste caso debe achegar autorización asinada por ambos e copia do DNI de autorizado )

Cada persoa só poder ser autorizada para solicitar 1 posto máis o seu propio.

5.- CÓMO SOLICITAR O POSTO?

• CUBRIR A SOLICITUDE DE RESERVA DE POSTO QUE PODERÁ OBTER NO REXISTRO DO CONCELLO OU DESCARGAR DA WEB MUNICIPAL EN ENTREGALA NAS OFICINAS DO REXISTRO MUNICIPAL.

• FACER O PAGAMENTO DA TAXA DE OCUPACIÓN DE SUELO PÚBLICO NO MOMENTO DA INSCRICIÓN

NON SE ACEPTARÁ A ENTREGA DE NINGUNHA SOLICITUDE QUE NON VEÑA COMPLETA (DATOS, SINATURA, AUTORIZACION DE SER O CASO E XUSTIFICACIÓN DE PAGAMENTO)

• NO CASO DE NON PODER ASISTIR O DÍA DO MERCADO, EN NINGÚN CASO SE DEVOLVERÁ O IMPORTE.

6.- ONDE SE VAI SITUAR O MERCADO?

NA ALAMEDA DE RAXOI

NORMAS DE ORGANIZACIÓN:

• O DÍA DO MERCADO ( 27 DE ABRIL) OS POSTOS TERÁN QUE QUEDAR MONTADOS CON SUFICIENTE ANTELACIÓN , DE TAL XEITO QUE A ZONA DA ALAMEDA TEN QUE QUEDAR LIBRE DE VEHÍCULOS.

• SE AS 17:00 H O TITULAR NON TIVERA MONTADO O POSTO, A ORGANIZACIÓN PODERÁ FACER USO DO MESMO.

• SE ALGÚN DOS USUARIOS QUE TEÑEN POSTO AXUDICADO, NON TIVERA PREVISTO ASISTIR, DEBERÁ COMUNICARLLO Á ORGANIZACIÓN COMO MÁXIMO ANTES DO XOVES 25 ÁS 12: 00H.

• CHEGADO O VENRES 26 DE ABRIL , DE EXISTIREN PRAZAS VACANTES, PODERÁN SER CUBERTAS POLAS SOLICITUDES QUE FIGUREN NA LISTAXE DE AGARDA DAS OUTRAS DÚAS.

• A ORGANIZACIÓN RESÈRVASE O DEREITO A INTERPRETAR AS PRESENTES BASES NO CASO DE DÚBIDA OU CONFLITO.

• OS SOLICITANTES, COA PRESENTACIÓN DA SÚA SOLICITUDE, ACEPTAN AS PRESENTES BASES E OBRÍGANSE A CUMPLILAS.

• Seguindo o regulamento de protección datos persoais, as persoas solicitantes autorizan o

tratamento dos datos facilitados polo Concello de Pontedeume só cos fins asociados á

xestión deste mercado . As persoas solicitantes poden exercer os seus dereitos de acceso ,

oposición, rectificación e cancelación dirixíndose ao correo correo@pontedeume.gal ou vía

postal a Concello de Pontedeume, Rúa real 13, 15600,Pontedeume.

Información:

WWW.PONTEDEUME.GAL

Details

Date:
27 Abril
Time:
17:00 - 20:00
Event Category:

Venue

Alameda de Raxoi
Alameda de Raxoi
Pontedeume, 15600 España

Organizer

Concello de Pontedeume
Phone
981 433 054
Email
correo@pontedeume.gal
View Organizer Website