Feira de produtos de comercio xusto
- This event has passed.
Feira de produtos de comercio xusto
6 Xuño, 2023, 09:00 - 14:00
O Concello de Pontedeume acolle unha feira de produtos de comercio xusto o vindeiro martes 6 de xuño.
Esta actividade enmárcanse na campaña “Aquí e Acolá O Xusto” da ONG Solidariedade Internacional de Galicia.
O comercio xusto é un movemento social que promove as relacións comerciais máis igualitarias para paliar o empobrecemento dos países do Sur Global.
O comercio xusto chega a Pontedeume da man de Solidariedade Internacional de Galicia coa fin de seguir espallando a súa mensaxe: promover unhas relacións comerciais máis xustas entre países respectando os dereitos humanos.
Esta ONGD apoiará a catro concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade na promoción do comercio xusto, a compra ética, en xeral, o consumo responsable que terá lugar no Paseo Marítimo de Pontedeume entre as 09:00h e as 14:00h.
Os e as asistentes á feira #AquíeAcoláOXusto poderán achegarse á realidade que existe detrás de algúns dos alimentos que consumimos no noso día a día como o azucre, o cacao ou o café.
A través desta actividade, Solidariedade Internacional de Galicia proporciona información acerca da súa orixe, produción, comercialización, características e variedades, así como dos problemas aos que os produtores e produtoras se enfrontan ata que esta mercancía chega as nosas mans.
Ademais os/as asistentes tamén poderán degustar variedades de café, cacao e azucre.
A campaña Aquí e Acolá O Xusto de Solidariedade Internacional de Galicia nace para sensibilizar á poboación sobre as desigualdades sociais que provoca o comercio internacional e achegar alternativas de consumo máis sostibles que respecten os dereitos humanos.