Exposición Cincuenta anos de “A Casa de Rosalía”
- Este evento xa pasou.
Exposición Cincuenta anos de “A Casa de Rosalía”
1 Xuño, 2022 - 13 Xuño, 2022
O 1 de xuño ás 12 horas inaugúrase a exposición ao aire libre “A Casa de Galicia”.
Unha exposición que estará instalada na Alameda de Rajoy ata o día 13 de xuño e na que percórrese a historia da Casa-Museo de Rosalía, que realizou a súa apertura ao público o 15 de xullo de 1971 grazas á implicación de entidades de todo o país e da emigración.
A mostra xira ao redor de seis temáticas: A Casa e o tren, Rosalía na Casa, Unha Casa santuario, A causa da Casa, O Padroado da Casa e A Casa de Galicia.
A inauguración contará coa presenza de María Muiño Filgueira, deputada provincial de Normalización e Igualdade, Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía e Pepe Barro, comisario da exposición.