Charla sobre Ciberseguridade para Autónomos e Pemes
- Este evento xa pasou.
Charla sobre Ciberseguridade para Autónomos e Pemes
14 Abril, 2023, 11:30 - 13:00
Este venres 14 de abril terá lugar na Casa da Cultura en horario de 11:30 a 13 horas unha xornada sobre ciberseguridade dirixida ao tecido empresarial, autónomos, emprendedores e pemes onde darase a coñecer de primeira man todas as ferramentas dixitais e recursos tecnolóxicos que poden implementarse nos diferentes negocios e establecementos comerciais e empresariais.
As inscricións poden realizaranse presencialmente antes do inicio da actividade, no formulario https://lnkd.in/deVK-RXs, no teléfono 633 704 572 ou no correo coruna@acelerapyme.asime.es.
Esta iniciativa á que se adhire o Concello de Pontedeume está promovida polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado con fondos europeos Next Generation.