Charla Mundos 3D. De “O Bosque Animado” á realidade virtual
- This event has passed.
Charla Mundos 3D. De “O Bosque Animado” á realidade virtual
7 Maio, 2022, 11:30 - 13:30
Con motivo da exposición do XX aniversario da estrea da película de animación “O Bosque animado”, o Concello de Pontedeume xunto co Clube Tecnolóxico Horizontec, o Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño (CIS) e Trainnova organiza unha charla aberta a todo o público que contará coa presenza do director desta peza audiovisual, Manuel Gómez.
Terá lugar o sábado, 7 de maio en horario de 11:30 a 13:30 na Casa da Cultura.
Neste encontro se fará un percorrido desde os primeiros pasos para a realización de “O Bosque animado”, a tecnoloxía existente naquel momento ata a evolución no momento actual e na que poderá experimentar con dispositivos de realidade aumentada e realidade virtual grazas a cesión deste tipo de dispositivos por parte de o Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño (CIS).
Desde o Concello de Pontedeume anímamos a todas e todos á achegarvos a estas novas tecnoloxías.