Cásate no Camiño:Evento de vodas solidario
- This event has passed.
Cásate no Camiño:Evento de vodas solidario
4 Marzo, 2023, 11:30 - 5 Marzo, 2023, 20:30
O Concello de Pontedeume acolle os días 4 e 5 de marzo ‘Cásate no Camiño’, o salón de vodas solidario a favor de Asotrame (Asociación Galega de Trasplantados de Médula Ósea).
O Convento dos Agostiños (Casa da Cutura) de Pontedeume volverá ser o escenario da terceira edición dunha cita que serve de punto de encontro entre negocios locais vencellados coas vodas, profesionais de referencia no sector nupcial a nivel galego, e parellas interesadas, así como o público en xeral.
O Concello de Pontedeume impulsa este evento nunha aposta pola calidade e especialización do seu comercio local neste ámbito.
Organizado por I’TICS (Institución Turística, Inclusiva, Cultural e Social) xunto co Concello de Pontedeume, o salón contará con desfiles, talleres, música, degustacións e moitas sorpresas sempre ao redor do seu obxectivo solidario.
Calquera persoa poderá colaborar coa iniciativa, facendo un donativo a través da plataforma de crowdfunding: https://www.migranodearena.org/reto/c-sate-no-cami-o-pontedeume-2023
Nesta terceira edición exercerá de madriña a artesá sombreireira eumesa Julia Vilariño, quen presentará a súa colección nun desfile onde a artesanía cobrará vida.
Os profesionais do mundo das vodas que queiran sumarse a esta iniciativa aínda poden solicitalo a través da ligazón https://www.weddingpacksolidario.com/eventos/wps-pontedeume/
Tamén as parellas e público en xeral que desexen asistir poden pedir xa a súa invitación de balde no apartado “Te ayudamos” da web oficial: https://www.weddingpacksolidario.com/te-ayudamos/
“Cásate no Camiño” é unha iniciativa pioneira que se iniciou no 2018 cambiando o paradigma dos salóns nupciais ao incorporar unha clara compoñente solidaria. Neste tempo, xa son 7.500 euros a contía entregada a esta causa social.
Ademáis, o WeddignPack Solidario “Cásate no Camiño” valeulle recentemente a I’TICS o premio PCBox 2022, recoñecemento dirixido a dar visibilidade a proxectos que melloren os valores, as relacións persoais, a calidade de vida, o benestar das persoas e a economía circular.