A Administración cerca de ti
- This event has passed.
A Administración cerca de ti
24 Febreiro, 2023, 11:30 - 13:30
O venres 24 de febreiro ás 11:30 na Casa da Cultura, terá lugar unha xornada informativa sobre sobre as posibilidades e ferramentas que proporciona a Administración electrónica.
Esta charla, de carácter práctico, está impulsada pola Delegación de Goberno e contará con persoal técnico para o asesoramento de trámites e xestións máis habituais.
Ademáis, unha vez finalizada a xornada formativa, as e os asistentes interesados poderán obter o seu certificado dixital expedido pola Fábrica Nacional de Moneda e Timbre (FNMT).
A expedición de certificados dixitais debido á verificación de documentación e tempo de expedición estará limitada a 25 persoas.