Escolas Deportivas Municipais de verán 2024

Escolas Deportivas Municipais de verán 2024

Aberto o prazo de preinscrición para as Escolas Deportivas Municipais de verán do Concello de Pontedeume

Duración das Escolas Deportivas de Verán: do 1 de xullo ao 31 de agosto.

Preinscrición: ata o 21 de xuño.

Deberá cubrirse o modelo de folla de preinscrición, debendo formalizarse obrigatoriamente por rexistro de entrada, que facilitará o Concello: no Pavillón Municipal de deportes ‘A Casqueira’, no rexistro do Concello ou polo correo electrónico deportes@pontedeume.gal

Sorteo e publicación listaxes: 24 de xuño.
Inscricións e prazas vacantes: a partir do 25 de xuño.

Máis información no número de teléfono 981433041 ou no Pavillón Municipal de deportes A Casqueira, de luns a venres, en horario de 8:30 a 14:30h.