CAMPAÑA INSTITUCIONAL 25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DE
LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
QUE O MEDO NON CHE IMPIDA VER OUTRO FUTURO
A loita contra a violencia de xénero é unha obriga para todas as institucións
públicas. O Concello de Pontedeume é consciente desta responsabilidade e
dende hai varios anos traballa nesta liña, impulsando accións encamiñadas a
erradicar actitudes e comportamentos violentos cara ás persoas, en xeral, e, ás
mulleres, en particular.
A concellería de igualdade co obxectivo de atallar esta grave problemática
social está a traballar dende tres piares fundamentais:
● A prevención: impulsando dúas campañas anuais, o 25 de novembro (QUE O
MEDO NON CHE IMPIDA VER OUTRO FUTURO), e o 8 de marzo
(CRECENDO EN IGUALDADE). Así mesmo realizando distintas actividades dirixidas á comunidade escolar e á cidadanía.
● A detección: o obxectivo é facer visibles os casos de violencia de xénero
mediante o Programa de Información, Valoración e Asesoramento.
● A atención: supón o apoio social, psicolóxico e apoio ás necesidades básicas
xunto a outras administracións nun traballo coordenado.
Por todo isto o Concello de Pontedeume asumimos a nosa responsabilidade de
loita contra todo tipo de violencia, denunciando as agresións, apoiando as
vítimas, alzando a voz e facéndonos instrumento de transmisión para as
xeracións de mozas e mozos do valor da igualdade entre as persoas.
O vindeiro 25 de novembro Día de Loita Contra a Violencia de Xénero facemos
unha nova homenaxe a todas as vítimas que, directa ou indirectamente, segue
a deixar a violencia de xénero e, facemos tamén, un chamamento á cidadanía
convidándoa a participar no programa de actividades previsto. Nesta
programación contase co apoio dos fondos do Pacto de Estado contra a
Violencia de Xénero.