Praias

sopazos

Sopazos

43° 24′ 41.9″ N – 8° 10′ 29.1″ W
Praia situada dentro de perímetro do casco urbano, nas inmediacións do peirao, baixo a ponte do ferrocarril. Zona de fondeo de embarcacións. Conta con duchas e aparcadoiro no peirao.

centroña

Centroña

43° 24′ 37.8″ N – 8° 11′ 40.8″ W
Situada en Centroña, aproximadamente a dous quilómetros de Pontedeume pola estrada da costa con dirección Miño. Conta con duchas e aparcamento na pista de acceso.

ver

Ver

43° 23′ 51.3″ N – 8° 12′ 41.5″ W
Praia de ámbito semiurbano con 150 metros rectilíneos. Con camping próximo. Conta con duchas, zona de aparcadoiro na zona de acceso, locais de hostalaría e outros servizos.

insua

A Insua

43° 23′ 07.8″ N – 8° 13′ 13.4″ W
Praia en ámbito rural, resgardada dos ventos con augas tranquilas. Moi visitada por naturistas e nudistas. Conta con duchas e aparcadoiro na zona de acceso.

Praia-Andahio

Andahío

43º 22′ 30,990″ N 8º 12′ 54,359″ W
Praia ubicada en Boebre, límite natural co concello de Miño. Ten unha extensión de 200 metros por 45 de ancho. Augas tranquilas e ondada moderada. Conta con duchas, aparcadoiro na zona de acceso, locais de hostalaría e servizos próximos.