Guías turísticas
Guías turísticas
Concello de Pontedeume
Planos
Planos turísticos con información descriptiva sobre os puntos de interese máis destacados do municipio e da bisbarra Ferrolterra-Rías Altas Patriminio histórico, cultural e natural.
Planos de Pontedeume
Roteiros
Achégate a Pontedeume realizando rutas adaptadas á todas as idades e intereses.
Neste apartado podes atopar toda a información necesaria para a realización de roteiros sinalizados en entornos naturais e percorridos polo casco histórico clasificados por diferentes temáticas.
Trípticos e guías sobre roteiros en Pontedeume
Patrimonio histórico
Pontedeume atesoura un extenso patrimonio cultural, artístico e etnográfico herdanza do seu pasado histórico.
Nesta sección está dispoñible información ampliada sobre edificios emblemáticos da nosa vila.
Trípticos e guías sobre o patrimonio histórico de Pontedeume
Gastronomía
A longa tradición gastronómica eumesa destaca pola calidade do seu marisco, peixe e froitos de horta.
Descobre a nosa historia culinaria a través de produtos tan típicos como a costrada, os melindres, os amendoados, a proia ou a torta de Pontedeume.
Trípticos e guías sobre a gastronomía de Pontedeume
Praias
O litoral eumés ofrece calas, praias urbanas, semiurbanas e naturais.
As súas augas tranquilas son ideais para os deportes náuticos e o turismo familiar.
Neste apartado podes coñecer as características e servizos dos diferentes areais.
Trípticos e guías sobre as praias de Pontedeume
Mulleres do pasado eumés
A importancia da muller no pasado da nosa historia debe ser visibilizada e posta en valor.
Aquí podes atopar información sobre figuras femininas relacionadas co pasado de Pontedeume durante a Idade Media e comezos da Idade Moderna.